Lorena Romero Trejo, Manuel Marticó Bello e Andrea Loureiro Caamaño, coa colaboración de Rita Sánchez Villar, alumnos de 1º das Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores, foron seleccionados polo xurado dos premios D&Ad New Blood Awards polo seu traballo “Entangled Party Game”.

Lorena Romero Trejo, Manuel Marticó Bello e Andrea Loureiro Caamaño, coa colaboración de Rita Sánchez Villar, alumnos de 1º das Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores, foron seleccionados polo xurado dos premios D&Ad New Blood Awards polo seu traballo "Entangled Party Game".O concurso, organizado pola prestixiosa fundación británica D&Ad, propoñía, entre outras opcións, responder á solicitude da xogueteira Hasbro para deseñar un xogo dirixido a mozos adultos que os aparte da pantalla do móbil.
O traballo proposto polos rapaces foi destacado polo xurado, composto por profesionais do deseño, como merecedor dun D&Ad Pencil. Esta distinción premia aos mellores proxectos de cada empresa, e permítelles asistir á cerimonia do 6 de xullo en Londres onde poderán conseguir maiores recoñecementos.

Proxecto

O proxecto presentado ao concurso foi titorizado pola profesora Elena Pardo como unha actividade de clase da asignatura de Deseño Básico. A docente destaca que a proposta “desde o primeiro momento: era orixinal, sinxela e adecuábase á perfección aos requirimentos do brief, que buscaban un party game que promovese o contacto directo e a interacción real, física e offline, entre as persoas. O coidado e agarimo con que realizaron o traballo, e a colaboración que brindaron os seus compañeiros de clase (especialmente Rita Sánchez Villar, quen realizou o vídeo co que concorreron ao certame) derivaron nun prototipo moi ben realizado, un packaging atractivo e unha dinámica de xogo fantasticamente explicada.”

Idea

Os estudantes premiados explican a finalidade que pretenderon co desenvolvemento do proxecto “para o deseño quixemos enfocarnos nun xogo que permita a espontaneidade, un primeiro contacto entre persoas dun grupo que se comezan a coñecer. Descartamos os xogos de carta con instruccións complexas e que necesiten maior coñecemento do xogo para executalo.”
A idea era realizar un xogo que nos puxera en movemento e compartira a diversión do twister e o xogos de integración como a telaraña, definimos unha idea de xogo sinxela e de cooperación entre integrantes, que permita pasar o tempo e divertirse un rato.

https://www.dandad.org/awards/new-blood/2017/hasbro/3040/entangled-party-game/

Deseño

Para deseñar o logotipo, escolleron a imaxe do dado en branco e negro, rodeado por liñas multicores. Esta idea exemplifica o concepto de emarañamento das cintas estiradas.

Para a embalaxe idearon unha proposta que permitira ver directamente os dados do xogo, xa que son os elementos máis rechamantes do deseño, en contraste cunha embalaxe branca moi sinxela se máis elementos gráficos que o logo. Deste xeito destácase o prototipo, fuxindo dos tradicionais envoltorios de xoguetes que, en xeral, están saturados de imaxes xustapostas.

Packaging do xogo Entangled. Caixa de cartón branco co frontal transparenteVista cenital dos elementos do xogo no que se inclúen as instruccións

Concurso

https://www.dandad.org/profiles/jury/466548/hasbro-jury-2017/

D&AD é unha fundación sen ánimo de lucro constituida en 1962. Adícase a inspirar e recoñecer aos mellores creativos na industria do deseño e a publicidade. Cada ano, a fundación presenta un concurso especial para estudantes de deseño, o D&Ad New Blood Awards, no que as empresas máis recoñecidas a nivel internacional solicitan proxectos e retos reais que serán xulgados por representantes da fundación e líderes de destacadas compañías como a BBC, MONOTYPE, Adobe, Amazon, etc.

Cada ano participan no concurso centos de persoas arredor do mundo, pero só un 5% dos mellores proxectos son premiados. Entre os principais valores que ten ser nomeado para estes premios é que constitúen unha plataforma de proxección internacional para os gañadores, que poden incluso conseguir alguna praza de emprego ou prácticas profesionais.

No caso dos alumnos da EASD Pablo Picasso, están nomeados entre os trece finalistas do deseño de un xogo para mozos adultos, solicitado pola empresa HASBRO GAMES. Os gañadores coñeceranse o día da cerimonia, prevista para o 6 de xullo en Londres.

O equipo que gañe o máximo galardón traballará coa empresa británica Big Potato Games para convertir en realidade o proxecto, coa idea de presentarllo a HASBRO GAMES para ser producido e comercializado.

Dende a EASD Pablo Picasso desexámoslle a mellor das sortes para o día 6 de xullo.