Administración Ensinanzas Artísticas Superiores

  • TFE 2017/18

    • Alumnado que xa está na Escola

      Prazo de matrícula finalizado.

    • Xuntanza co alumnado e entrega da normativa
      • Martes 10 de febreiro ás 17:00 horas na aula 7 (Deseño Gráfico).
      • Martes 10 de febreiro ás 13:00 horas na aula 5 (Deseño de Interiores).
    • Presentación de propostas ao departamento e asignación definitiva de titores
      • Martes 17 de outubro ás 17:00 horas na aula 7 (Deseño Gráfico).
      • Martes 17 de outubro ás 13:00 horas na aula 5 (Deseño de Interiores).
    • Data de entrega do TFE

      Venres 2 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, na oficina da EASD.

    • Data da defensa do TFE

      A defensa realizarase por orde alfabética a partires da letra C incluída.

      • Venres 16 de febreiro ás 9:00 h no Salón de Actos (Deseño Gráfico).
      • Luns 19 de febreiro ás 9:00 h no Salón de Actos (Deseño de Interiores).
    • Publicación das cualificacións

      Venres 23 de febreiro de 2018

    • Renuncia de convocatoria

      As solicitudes de anulación de convocatoria presentaranse perante o director do centro ata o último día hábil anterior á data de entrega.

  • Probas de acceso

    Segundo o que se recolle no artigo 5 do DECRETO 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes a cursar as especialidades de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores deben estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso, que constará de dúas partes:

    • PRIMEIRA PARTE: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
    • SEGUNDA PARTE: Os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:
      • 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
      • 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

    No caso de ter pendente algunha das materias do bacharelato, poderase realizar a proba, e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido. Despois, deberase acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderase o dereito á matrícula e á praza.

    Acceso directo: poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren a proba específica, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

    Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/18

    Probas de acceso

  • Inscrición probas

    A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. As EASD exporán as listaxes provisionais de admitidos ás probas no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web. En termos xerais, as datas para a inscrición e realización nas probas de acceso son:

    • Primeiros de maio: apertura do prazo de inscrición.
    • Mediados de xuño: realización das probas.
    • Finais de xuño: publicación do listado de admitidos.

    Correspóndelle á Consellería de Educación facer pública a normativa na que se inclúe as datas exactas, lugares de realización das probas, requisitos de acceso e composicións dos tribunais avaliadores. No momento no que se publiquen no DOG e sexan oficiais, actualizarase a información neste espazo.

    Acceso e admisión curso 2017/18

    Listaxe provisional de admitidos ao Acceso das Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2017-18

    Listaxe definitiva de admitidos para realizar o acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño 2017-18

    Listaxe definitiva de asignación de prazas para cursar Estudos Superiores de Deseño para o curso 2017-18.

    Solicitude Acceso / Proba de madureza 2017-18

    ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO PARA TITULADOS EN DESEÑO LOXSE 2016-17. Prazo de inscrición do 27 ao 30 de xuño, ambos incluídos, na secretaria da Escola. Descargar Solicitude de admisión para titulados en Deseño

  • Matrícula 2017/18

    • 1. Alumnado que xa está na Escola

      PRAZO DE MATRÍCULA DO 1 AO 8 DE SETEMBRO 2017

      • Xustificación de ter aboado o seguro escolar, os menores de 28 anos
        (sucursal Abanca, r/ A Torre 11-13, ou en calquera outra entidade, na conta facilitada).
      • Xustificación de ter aboadas as taxas, segundo modelo facilitado.
    • 2. Alumnado novo que cumpre os requisitos en Xullo

      PRAZO DE MATRÍCULA DO 12 AO 20 DE XULLO 2017

      • Xustificación de ter aboado o seguro escolar, os menores de 28 anos
        (sucursal Abanca, r/ A Torre 11-13, ou en calquera outra entidade, na conta facilitada).
      • Xustificación de ter aboadas as taxas, segundo modelo facilitado.
      • Tres fotografías tamaño carné.