Administración Ensinanzas Artísticas Profesionais

  • Matrícula 2017/18

    • 1. Alumnado que xa está na Escola

      GRAO SUPERIOR e GRAO MEDIO: PRAZO DE MATRÍCULA DO 11 AO 15 DE SETEMBRO 2017

      • Xustificación de ter aboado o seguro escolar, os menores de 28 anos
        (sucursal Abanca, r/ A Torre 11-13, ou en calquera outra entidade, na conta facilitada).
    • 2. Alumnado novo que cumpre os requisitos en Xullo

      GRAO SUPERIOR: PRAZO DE MATRÍCULA DO 18 AO 26 DE XULLO 2017

      • Xustificación de ter aboado o seguro escolar, os menores de 28 anos
        (sucursal Abanca, r/ A Torre 11-13, ou en calquera outra entidade, na conta facilitada).
      • Tres fotografías tamaño carné.
    • 3. Alumnado novo que cumpre os requisitos en setembro

      GRAO SUPERIOR: PRAZO DE MATRÍCULA DO 8 AO 14 DE SETEMBRO 2017

      • Xustificación de ter aboado o seguro escolar, os menores de 28 anos
        (sucursal Abanca, r/ A Torre 11-13, ou en calquera outra entidade, na conta facilitada).
      • Tres fotografías tamaño carné.

  • Criterios e probas de acceso

    Para acceder aos ciclos formativos de Grao Superior en Artes Plásticas e Deseño será necesario estar en posesión do título de bacharel ou equivalente. Ademais deberase superar unha proba específica que permita demostrar as aptitudes e coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. Estarán exentos/as de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión de:

    • Calquera título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Comunicación gráfica e audiovisual, ou título declarado equivalente.
    • Título de Bacharel, na modalidade de artes, ou de Bacharelato artístico experimental.
    • Título superior de Artes Plásticas e título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
    • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
    • Licenciatura en Belas Artes.
    • Arquitectura.
    • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.

    Quen, estando en posesión do título de bacharel acredite ter una experiencia laboral de polo menos un ano en tarefas directamente relacionadas coas competencias profesionais do ciclo formativo ao que se quere acceder, tamén estará exento de realizar a proba específica de acceso, para o cal debe achegar a certificación da empresa na que teña adquirido a experiencia laboral en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, deberá achegarse certificación de alta no censo de obrigados/as tributarios/as.

    Poderá accederse sen estar en posesión dos requisitos académicos de acceso quen acredite, mediante a superación dunha proba de acceso, posuír a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, ademais das aptitudes e dos coñecementos artísticos necesarios e teña como mínimo 19 anos feitos no ano de realización da proba, ou 18 anos se se acredita estar en posesión dun título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. Esta proba de acceso constará de dúas partes:

    • Parte xeral: versará sobre os coñecementos e capacidades básicas das materias comúns do bacharelato.
    • Parte específica: a proba permitirá valorar as aptitudes e coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas do ciclo formativo.

    Quedará exento/a da realización da parte xeral da proba de acceso quen teña superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Tamén quedará exento/a da realización da parte específica da proba de acceso quen acredite ter unha experiencia laboral de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo ao que se aspira.

    Proceso de inscrición para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño curso 2017-18.

    Solicitude de admisión (PDF, 253 KB)

    Folla resumo do proceso de admisión (PDF, 291 KB)

    Listaxe provisional admitidos na proba de acceso ás Ensinanzas Profesionais

    Listaxe definitiva admitidos na proba de acceso ás Ensinanzas Profesionais (EASD Pablo Picasso)

    Listaxe definitiva admitidos na proba de acceso ás Ensinanzas Profesionais (Todas as Escolas)

    Listaxe provisional cualificacións proba de madureza 2017-18 (Tribunal A)

    Listaxe provisional cualificacións proba de madureza 2017-18 (Tribunal B)

    Listaxe provisional cualificacións proba específica 2017-18 (Tribunal A)

    Listaxe provisional cualificacions proba específica 2017-18 (Tribunal B)

    Asignación provisional de prazas para cursar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de Grao Superior curso 2017-18

    Asignación definitiva de prazas para cursar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de Grao Superior curso 2017-18

    Listaxe alumnos inscritos para o acceso ás Ensinanzas Profesionais na convocatoria extraordinaria curso 2017-18

  • Inscrición probas

    En termos xerais, as datas para a inscrición e realización nas probas de acceso son:

    • Primeiros de xuño: apertura do prazo de inscrición.
    • Finais de xuño: realización das probas.

    Correspondelle á Consellería de Educación facer pública a normativa na que se inclúe as datas exactas, lugares de realización das probas, requisitos de acceso e composicións dos tribunais avaliadores. No momento no que se publiquen no DOG e sexan oficiais, actualizarase a información neste espazo.

    Documento para a inscrición ás probas dos ciclos de grao superior

  • PI Ciclos LOE

        • Inscrición

          Soamente poderán presentarse a esta convocatoria os alumnos que se presentaran á de xuño e non a superaran.

          O alumnado do CF correspondente deberá formalizar a inscrición no PI no impreso que se lles facilitará na secretaría da Escola.

          A xestión anterior faraa o alumnado de xeito persoal na oficina da Escola, de 10 a 13 horas entre os días 3 e 6 de outubro de 2016.

        • Información sobre os titores

          O alumnado continuará co mesmo proxecto e titor adxudicado na convocatoria ordinaria. De non ser así, a xefatura de departamento adxudicará un novo titor ao alumno e admitirá un novo anteproxecto.

          O alumnado presentará ante a Xefatura de Departamento a súa proposta de PI, se fose o caso, entre os días 10 e 14 de outubro de 2016.

          Cada coordinador das Xuntas de titores convocará unha reunión conxunta de alumnos e titores antes do 17 de outubro de 2016 para:

          • Adxudicar titores.
          • Explicar o PI a desenvolver.
          • Entregar a correspondente documentación dese PI.
          • Explicar a proposta/as da Xunta de titores.
          • Aceptar ou rexeitar as propostas alternativas dos alumnos, se fose o caso.
          • Resolver cantas dúbidas se susciten.

          A data desta reunión deberá ser comunicada aos alumnos e aos restantes membros da Xunta de titores, con polo menos, dous días lectivos de antelación e deberá ser exposta no taboleiro de anuncios.

        • Estructura do Proxecto Integrado

          A Xunta de titores de cada Ciclo Formativo determinará e comunicará ao alumnado as características comúns, a documentación mínima que se deberá entregar, o calendario de actuacións, os horarios individualizados de titorias e as datas e procedementos de entrega dos traballos, criterios de avaliación e data de cualificación.

          Na estructura e avaliación do PI teránse en conta os criterios establecidos nos Decretos 92/2015 e 95/2015, do 11 de xuño, respectivamente para os CS de Fotografía e de Illustración.

        • Actuacións da Xunta de titores

          O alumnado fará entrega do seu PI, do xeito, forma e nas datas que a Xunta de titores determine comunicándoo esta, no taboleiro de anuncios da Escola con polo menos cinco días lectivos de antelación. A data de entrega do PI será antes do 17 de novembro de 2016.

          Entre a data de entrega do PI e a publicación da acta de avaliación realizarase a presentación, comunicación e defensa do PI. Adata e lugar da presentación e defensa será comunicada no taboleiro da Escola logo da entrega dos proxectos.

          Para a presentación, comunicación e defensa do PI cada alumno/a disporá dun máximo de 20 minutos. A Xunta de titores disporá de 10 minutos para formular preguntas ou aclaracións ao alumnado. Esta fase será obxecto de avaliación, segundo o disposto nos criterios de avaliación establecidos polos reais decretos xa citados.

          A custodia da documentación e traballos presentados polo alumnado para o seu PI, correspóndelle ao xefe/a de departamento da familia profesional correspondente a cada ciclo formativo, ou membro do departamento en quen delegue, mantendo dita custodia durante un ano natural ou ata a resolución definitiva de calquera reclamación en contra da cualificación recibida por parte do alumnado. Transcorridos os prazos sinalados, o departamento da familia profesional correspondente poderá decidir a entrega de documentación e/ou traballos que integren o PI de determinados alumnos/as aos seus autores/as, correspondéndolle ao xefe/a do departamento establecer os prazos e xeito de entrega dos mesmos, quedando constancia da dita entrega e as súas circunstancias.

        • Reclamacións

          O alumnado, os seus pais ou nais, así como os seus titores ou as súas titoras, poderán reclamar ante a dirección do centro contra as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

          As referidas reclamacións deberán basearse nalgún dos seguintes aspectos:

          • A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e nivel, recollidos na correspondente programación didáctica.
          • Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación didáctica.
          • A aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica para a superación dos módulos non foi correcta.

          O procedemento e os prazos para a presentación e a tramitación das reclamacións serán os seguintes:
          a) A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo de dous días hábiles a partir daquel en que
          se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.
          b) O director do centro trasladará a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os
          aspectos sinalados no punto anterior, no cal deberá formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada.
          Unha vez recibido o devandito informe, o director ou directora do centro emitirá resolución ao respecto. Este proceso estará rematado nun prazo máximo de dez días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.
          c) Contra a resolución do director ou directora do centro, o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.

          Para a presentación, comunicación e defensa do PI cada alumno/a disporá dun máximo de 20 minutos. A Xunta de titores disporá de 10 minutos para formular preguntas ou aclaracións ao alumnado. Esta fase será obxecto de avaliación, segundo o disposto nos criterios de avaliación establecidos polos reais decretos xa citados.

          A custodia da documentación e traballos presentados polo alumnado para o seu PI, correspóndelle ao xefe/a de departamento da familia profesional correspondente a cada ciclo formativo, ou membro do departamento en quen delegue, mantendo dita custodia durante un ano natural ou ata a resolución definitiva de calquera reclamación en contra da cualificación recibida por parte do alumnado. Transcorridos os prazos sinalados, o departamento da familia profesional correspondente poderá decidir a entrega de documentación e/ou traballos que integren o PI de determinados alumnos/as aos seus autores/as, correspondéndolle ao xefe/a do departamento establecer os prazos e xeito de entrega dos mesmos, quedando constancia da dita entrega e as súas circunstancias.

        • Lexislación

          Para todo o non referido nestas normas respecto ao PI estarase ao disposto na Orde de 1 de decembro de 2008, que regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa os estudios de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, na Instrución da Dirección xeral e no real decreto do currículo do CF correspondente.