Aberto o prazo extraordinario de inscrición para as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP) Ciclos Formativos de Grao Superior:

      • CS Dourado, prateado e policromía,
      • CS Escultura aplicada ao espectáculo.

A consellería ven de convocar procedemento extraordinario de acceso para as Ensinanzas profesionais, no Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía e no Ciclo Superior de Ecultura aplicada ao espectáculo. As datas máis destacadas son:

    • Perídodo de inscrición para as probas (na secretaría da Escola):
      • Do 3 ao 7 de setembro de 2018.
      • Publicación de inscritos: 10 de setembro de 2018.
    • Data e horario das probas específica:
      • 11 de setembro de 2018 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) de 10:00 a 11:00, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
      • Publicación de cualificacións provisional: 13 de setembro de 2018.
      • Publicación de cualificacións definitiva: 15 de setembro de 2018.
    • Data matrícula: 
      • 18 e 19 de setembro de 2018

Para aqueles interesados en estudar un ciclo superior no próximo curso 2018/19 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAAPP, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de  Escultura e Dourado.

A normativa completa de Acceso e Admisión pode ser consultada no seguiste enlace: Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/19.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas extraordinarias de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Enlaces de interese: